Alumnado da primaria da Pobra mergullouse nunha xincana co motivo das Letras Galegas 2024

28 Maio 2024

As rúas do núcleo urbano da Pobra do Caramiñal convertéronse este martes 28 de maio nun particular campo de xogos para o alumnado dos centros educativos da primaria Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestú Sierra, ao abeiro da axenda do Maio das Letras Galegas 2024 impulsada pola Concellaría da Cultura.

Durante un anaco da mañá, a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, acompañou preto de 350 alumnos e alumnas para comprobar a superación das diferentes probas e xogos para, logo de completados, obteren cada unha das letras que conforman o nome “Galicia” e colocalas nunha placa. Cando a palabra estivo completa, puideron trocar por medallóns de madeira personalizados con debuxos de animais mitolóxicos.

Pero descubrir estas Marabillas de Galicia non resultou doado, pois durante a súa aventura tiveron que ter coidado cos fillos da coca de Redondela, que tentaban roubar as letras xa gañadas, polo cal as crianzas tiveron que idear estratexias para evitaren que estes animais mitolóxicos con corpo de dragón e cola de serpe se fixesen coas letras, nunha xornada en que o equipo de Recuperación de Animais Mitolóxicos de Barafunda Animación quixo que coñecesen a cultura galega e coexistisen coa rapazada humana.

O cartel do Maio das Letras Galegas chegará á súa fin coa presentación do libro Fóra de xogo, de José Luis Baños, obra gañadora do VI Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro. A cita desenvolverase no xoves 30, ás 12.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán. Entregarase como obsequio cadanseu libro ao alumnado da primaria asistente a este acto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Paz profesional”. Alberto Barciela

“Paz profesional”. Alberto Barciela

En los primeros días de la Guerra Civil española, contemplando una parada militar en la rúa del Villar de Santiago, preguntaba un paisano a otro: “a ti que che parece todo isto?” El otro le contestó, “por un lado ti xa ves e polo outro, que queres que che diga?” A lo...

“10 años del reinado de Felipe VI” – Manuel Domínguez

“10 años del reinado de Felipe VI” – Manuel Domínguez

Se cumplen diez años del reinado de Felipe VI, el paso de los diez años se nota en su rostro, se nota en que las niñas crecieron, la heredera al tono, ya esta pasando por las fuerzas armadas, mas tarde complementara con otros estudios. La cosa, es la pregunta obvia,...