A Universidade de Santiago de Compostela presebtou Galimap, un proxecto levado a cabo desde a facultade de Educación Social que ten como obxectivo reunir e localizar as iniciativas sociocomunitarias levadas a cabo en Galicia.
A web, articulada coma se fose un mapa interactivo, está concibida para que os profesionais da educación poidan atopar comodamente recursos didácticos que sexan útiles para o seu labor.
Así, a páxina estrutúrase en seccións como “documentais”, “radio”, “libros” ou “blogs e redes sociais”.
A selección dos materiais foi realizada polo alumnado do segundo curso de Educación Social da USC.
Doutra banda, os recursos para a difusión da iniciativa, son obra do estudantado da materia Tecnoloxía Educativa.
Cabe destacar, así mesmo, que Galimap intégrase no marco da I Convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa Dirixida ao Profesorado da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
Nestes momentos, con tan só unhas horas de vida, este recurso en liña xa conta con máis de 8.000 visualizacións.




