A Secretaría Xeral da Lingua e RENFE difundirán nos trens a figura de Luísa Villalta

08 Maio 2024

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, xunto cos xerentes da área de Servizo Público e de Prestacións de Servizos de RENFE en Galicia, Alberto Martínez e Moisés Durán, respectivamente, presentaron este 8 de maio na Coruña as accións acordadas para a promoción da figura de Luísa Villalta, autora homenaxeada no Día de las Letras Galegas deste ano.

O representante do departamento de Lingua da Xunta destacou a visibilidade e proxección que esta colaboración con RENFE (que segundo lembrou realízase desde hai varios anos) dálle á celebración do 17 de maio e á divulgación da figura homenaxeada. Deste xeito, a imaxe de Luísa Villalta amosarase nos repousacabezas dos trens de alta velocidade que realizan traxectos de Media Distancia e Avant entre A Coruña, Santiago e Ourense; e entre Vigo, Santiago e A Coruña.

Ao respecto, Valentín García puxo en valor este tipo de iniciativas visuais en espazos polos que transita tanta xente, xa que se amosou convencido de que espertarán o interese das e dos viaxeiros pola autora, docente e música coruñesa, e de toda a súa obra, ao tempo que pola celebración das Letras Galegas.

Carteis gañadores do Concurso escolar das Letras Galegas 2024

Esta campaña ten como obxecto fomentar a cultura e a lingua galega, así como os desprazamentos en ferrocarril, medio de transporte comprometido coa sustentabilidade, eficiente, á vez que eficiente e seguro.

Ademais dos repousacabezas, RENFE exporá no seus espazos de información a viaxeiros de diferentes estacións os carteis gañadores do Concurso das Letras Galegas 2024, correspondente á categoría de Educación secundaria.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.