A Regata Liga Norte Traiñeiriñas muda o horario para a tarde

03 Maio 2024

A previsión meteorolóxica para esta fin de semana fai que a Regata Liga Norte Traiñeiriñas cambie para o horario da tarde no sábado 4, por ser o momento previsto no que, segundo informou Meteogalicia e confirmaron o Concello da Pobra e o Club de Remo Puebla , agárdase unha melloría no tempo.

Esta cita terá lugar nas augas da localidade pobrense no 4 de maio, a partir das 16.00 horas.

Tomarán parte as categorías cadete, xuvenil e absoluta, tanto feminina coma masculina, da provincia da Coruña.

O concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, declara que “continuamos vogando na contorna do noso peirao comercial cunha nova cita deportiva. O mes de abril estivo protagonizado polo remo con tres eventos de gran magnitude e agora dámoslle comezo a maio con outra regata.”

Organiza o Club Remo Puebla coa colaboración da Concellaría dos Deportes e da Protección Civil.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...