No marco da programación das Letras Galegas, a Biblioteca Municipal de Rianxo e o Concello van organizar este 28 de maio ás 18.00 horas unha nova sesión de narracións orais para a rapazada. Trátase do contacontos O libro vivo de Expresión Producións. Será ás 18.00 horas no Auditorio Municipal de Rianxo, por atoparse en obras a sede da Biblioteca Municipal.
O libro vivo comeza mergúllanos no volume Máxico Xigante, do que xordenuns fantásticos personaxes que nos contarán historias, que nos farán maxia, que farán algunha trasnada e que mesmo cantarán. Trátase dun espectáculo educativo cunha marcada vertente humorística.