A praia da Corna acolle o vindeiro 1 de xuño a III Palmeira Cup Futevolei

21 Maio 2024

O concelleiro de Deportes de Ribeira, Xabier Vidal, presentou este 21 de maio xunto a Chento Dominguez a III Palmeira Cup Futevolei que se celebrará o vindeiro sábado 1 de xuño na praia da Corna en Palmeira. Segundo sinalaron, o evento está organizado polo Clube de Futevolei de Vigo, co adestrador Ramón Pérez e o presidente Diego Ferreira, en colaboración coa concellería de Deportes de Ribeira.

Ramón Pérez engadiu que na primeira edición contaron con 16 participantes, 28 na segunda e “agora xa temos 33 inscritos”.

O prazo de inscricións está aberto ata o 25 de maio e poderanse realizar a través das redes sociais de Futevolei Vigo, cunha cota de 10 euros coa que se pretende costear o prezo da comida, xa que ao remate do torneo celebrarase unha churrascada.

Pérez tamén explicou algunhas das características da práctica do futevolei, “que é semellante ao volei praia, pero non se poden empregar as mans, tendo igualmente tres toques alternos para poder pasar o balón ao outro lado da rede”.

“O noso propósito é visibilizar esta disciplina e achegar a tódalas parroquias distintas actividades deportivas para que a xente poida introducirse neste deporte.” afirmou Xabier Vidal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.