A Policía Nacional detén en Ribeira a dúas mulleres e un home por un delito de tráfico de drogas tras embestir unha patrulla

25 Maio 2024

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría Local de Ribeira, no marco dun dispositivo establecido para a prevención do tráfico e consumo de estupefacientes na vía pública, procederon á detención de dúas mulleres e un home como presuntos autores dun delito contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de drogas.

No operativo establecido para o efecto, os axentes observaron circulando a bordo dun vehículo a estas persoas, que tentaron darse á fuga cando se lles deu o alto, logrando os axentes evitalo, non sen antes ser embestidos polo citado vehículo, o que provocou danos nun vehículo policial.

De seguido, os axentes procederon ao rexistro do vehículo, localizando nun habitáculo do mesmo, perfectamente oculto, un envoltorio plástico que contiña máis de 10 gramos de heroína. Ademais, no seu cacheo persoal localizaron 9 bolsiñas termoseladas que contiñan cocaína e heroína e outros envases plásticos que contiñan mestura de heroína e cocaína, así como diversos útiles para a preparación de dose para a súa venda, tales como recortes plásticos para o envasado en dose, útiles para manipulación de substancias, etc.

Así mesmo fóronlles intervidos máis de 200 euros, catro teléfonos móbiles e o vehículo.

Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, os detidos foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución número Tres de Ribeira en funcións de garda.

Outros artigos

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...