A Pobra terá unha bandeira azul e Ribeira perde a de Coroso, O naútico de Portosín conserva a bandeira azul

08 Maio 2024

Galicia contará este ano cun total de 114 praias pertencentes a 35 municipios galardoadas coa bandeira azul. Somentes cinco delas están na ría de Arousa e delas, unha na Pobra. Trátase dun distintivo de carácter internacional co que a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor recoñece cada ano a areais de todo o mundo seleccionados en base a unha serie de criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos.

Segundo se reflicte na listase de ADEAC, Galicia concentra case unha de cada cinco bandeiras concedidas en España (638) e consolida a súa posición entre as tres comunidades que reciben un maior número de distintivos para as súas praias, xunto con Valencia (que suma 138) e Andalucía (130).

Dos 114 areais galegos galardoados nesta edición (que se estenden ao longo de 53,5 km de costa e supoñen 1 máis que en 2023) ningún recibe este distintivo por primeira vez pero cinco deles recuperan a bandeira que non luciron o ano pasado. Son, concretamente, Lombiña-Cabío, na Pobra do Caramiñal, Area Maior, en Malpica de Bergantiños, A Ribeira, en Miño, Ladeira, en Baiona, e Xiorto, en Poio.

A península da Barbanza somentes contará pois cunha bandeira azul a de A Pobra mentres que a emblemática ribeirense de Coroso perde a súa por non acadar o número mínimo de socorristas. Por outra banda a outra beira da ría contará con catro bandeiras azuis , dúas na Illa nas de Area Secada e Bao e outras dúas en Vilagarcía en A Compostela e Bao.

Praia de Coroso coa bandeira azul en anos anteriores.

ADEAC tamén deu a coñecer este 7 de maio a relación de portos deportivos nos que ondeará a bandeira azul. Das 102 instalacións recoñecidas no conxunto do país, 11 están en Galicia, unha menos que na pasada edición, xa que o Club Náutico Boiro-Marina Cabo de Cruz non presentou candidatura este ano por estar en obras. O que si que ostenta a dita distinción este ano é o Club Náutico de Portosín (Porto do Son).

Ademais, ADEAC recoñeceu un ano máis o labor dos chamados centros azuis, categoría na que se engloban aulas de natureza, centros de recepción de visitantes e instalacións similares dedicadas á educación ambiental. Dos 87 galardoados en todo o país, 15 están en Galicia.

Polo que se refire aos criterios seguidos pola asociación para conceder a bandeira azul, no caso de praias e portos, están relacionados coa calidade das augas —que ten que ser excelente—; a seguridade e a accesibilidade; a dotación de servizos; así como a xestión ambiental e a sustentabilidade. Pola súa parte, os centros azuis deben fomentar a educación ambiental no litoral, o coñecemento da contorna e as alternativas de ocio.

Naútico de Poryosín que conserva a bandeira azul

Outros artigos

Luns 20 con ceo cuberto na comarca e temperaturas sen cambios

O luns comeza con ceos parcialmente nubrados sen descartar algunha chuvia feble ao norte. Pola tarde, medrarán nubes de evolución que poden derivar en algún chuvasco, máis probable en comarcas do interior. As temperaturas non terán cambios significativos. O vento...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión