A Pobra dá continuidade á festa das Letras con xogos tradicionais e teatro

20 Maio 2024

A Pobra do Caramiñal entra na recta final do Maio das Letras Galegas 2024 con dúas novas propostas que, como afirma a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, “nesta semana achegará alternativas para tódolos públicos: xogos para a rapazada e artes escénicas para as persoas adultas.”

No venres 24 realizarase unha actividade dirixida para as crianzas da man de Somos Enredos. Será no parque do Castelo, dende as 17.00 ata as 20.00 horas. Alí haberá xogos tradicionais e obradoiros de chapas e marcapáxinas.

E Bradomín Teatro, da Asociación de Amas de Casa da Pobra, levará á escena a función Unha residencia con moita marcha. Terá lugar no domingo 26, ás 20.30 horas, no Teatro Cine Elma. Esta obra cómica relata a vida tranquila dunhas persoas dunha residencia que se ve alterada pola chegada dunha nova directora ao centro con moi mal carácter. Coñecerán co paso dos días, ademais, que un famoso cantante dará un concerto na vila, polo cal os/as residentes queren ir á festa e iso desencadeará momentos divertidos e risas aseguradas.

A entrada é libre ata completar a cabida.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.