A Pobra acolle esta fin de semana unha nova concentración moteira convocada polo MotoClub SinFrenos co apoio do Concello

06 Maio 2024

A Concentración Moteira SinFrenos fai xa unha década de traxectoria sobre dúas rodas cunha participación da cal se agarda que se sitúe nas máis de seiscentas motos. Esta cita chega esta fin de semana, organizada polo Motoclub SinFrenos, coa colaboración de varias entidades e o Concello da Pobra do Caramiñal.

Ao acto de presentación, celebrado este luns 6 de maio, asistiu o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, quen destacou a importancia destes “dez anos de traballo a prol do motociclismo, de lle dar visibilidade a esta disciplina e de xerar na comarca un espírito de comunidade arredor deste deporte”. Trátase dun evento que “move xente e esperta o interese da veciñanza, polo cal non só ten un impacto deportivo, senón tamén social e económico”, precisou o edil.

Por parte do citado club estiveron a presidenta, Sonia Villar, e os socios Enrique Rañó e José Manuel López, para daren conta da programación.

Iniciarase o sábado 11, ás 16.00 horas, coa formalización das inscricións no aparcadoiro municipal da contorna do paseo dos Areos. Existen varias opcións para sumarse: completa, por 40 euros (con bolsa de agasallos), ou só xantar ou cea, por 20 euros. Pouco despois, ás 17.30 horas, arrancará a ruta en moto cunha parada no bar O Campiño para uns petiscos e regresar ao centro da localidade para asistir á primeira sesión da exhibición Cajó Stunt Rider (dúas veces campión ibérico, en 2019 e 2020), xogos, moto lenta e proba de sons de escapes.

Entregaranse premios consistentes en trofeos e consumición de balde. Xa pola noite, ás 21.15 horas, cearán no Centro Sociocomunitario e de Benestar, para regresaren despois á contorna dos Areos a outra exhibición de stunt, a partir das 23.30 horas, e darlles paso aos DJ Matrek e Tito Maverick, das 00.15 horas en diante.

Xa o domingo 12 comezará cun almorzo no centro sociocomunitario indicado para, ás 11.30 horas, botarse novamente ás estradas nun itinerario por varios municipios e volver para o xantar, ás 14.30 horas, e face-la entrega de premios.

As reservas aínda se poden efectuar a través dos teléfonos de contacto 616134404 e 636501322.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.