A Marcha Popular do Barbanza conxugou un ano máis deporte e paisaxe

02 Maio 2024

O tempo cambiante do 1 de maio non impediu que medio cento de persoas se botase a andar coa XXXVII Marcha Popular do Barbanza, organizada conxuntamente pola Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal, coa colaboración da Protección Civil.

A expedición partiu dos Xardíns de Valle-Inclán para, paso a paso, introducirse na paisaxe de montaña ao longo de aproximadamente 20 quilómetros. A ponte das Taras, a ponte vella de Piñeiro, a ponte das Escobias ou a fervenza de Cadarnoxo foron algunhas das localizacións polas cales discorreu o itinerario que concluíu, xa pola tarde, no municipio de Lousame.

“Trátase dunha andaina amplamente consolidada no calendario deportivo local coa cal lle da-la benvida, como xa é tradición, ao mes de maio. Fomentamos así o exercicio físico ao tempo que desfrutamos do patrimonio natural, cunha ruta que muda tódolos anos para redescubrir a nosa serra camiñando”, indica o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido.

Habilitouse servizo de autobús para a volta.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...