A Deputación concede a Ribeira, á Pobra e a Porto do Son 23 prazas para a 1º quenda dos Campamentos Deportivos de Verán

07 Maio 2024

A Deputación da Coruña vén conceder ao Concello de Ribeira 12 prazas para participar na 1ª quenda dos Campamentos Deportivos Verán 2024, que se celebran dende o 23 ao 28 de xuño. Polo que respecta á Pobra, concedeu 6 prazas. No caso do Son, disporá de 5.

Esta actividade de lecer está destinada a nenos/as empadroados/as nos concellos de Ribeira e A Pobra, nados/as entre o 1 de xaneiro do 2010 e o 31 de decembro de 2015.

As persoas participantes neste programa desfrutarán de 5 días con aloxamento e manutención, na residencia que ten a Deputación da Coruña no I.E.S. Rosalía Mera, onde os nenos/as poderán gozar dunha ampla variedade de actividades.

A entrada dos/as rapaces/as na instalación será o domingo entre as 18:00h. e as 19:30h., e a saída o venres seguinte entre as 16:00h. e as 17:00h..

A Deputación asume a maior parte dos gastos que ocasiona o campamento; transporte de todas as persoas participantes para as distintas actividades, así como das entradas se fosen necesarias e do material para poder levar a cabo as actividades programadas.

Cada participante aboará unha cota de inscrición de 85,00€ (unha vez lle sexa confirmada a praza).

En Ribeira as inscricións das persoas participantes realizaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ribeira (xuntando a ficha de inscrición máis a documentación requirida), ata o 28 de maio de 2024.

Na Pobra, a solicitude de inscrición está ao dispor das persoas interesadas en www.apobra.gal. O documento debidamente cuberto deberase entregar no rexistro do Concello no período comprendido entre o día 8 e o 28 de maio.

No caso de Porto do Son, as inscricións cómpre facelas no Rexistro do Concello, tamén até o 28 de maio.

Terá prioridade a rapazada que non tomase parte previamente en ningunha campaña de verán da institución provincial. A documentación e o pagamento da cota de participación por un importe de 85 euros non se efectuará ata que Administración local confirme a praza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión