A Comisión de Festas da Romaría de Exipto e o Concello de Boiro celebran este sábado 18 unha foliada tradicional

13 Maio 2024

O Concello de Boiro colabora coa Comisión de Festas Romaría de Exipto na celebración dunha foliada este sábado 18 de maio. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou este luns 13 na presentación do programa xunto con Daniel Tubío, Sergio Gómez, e Carlota Fajardo, membros da comisión.

Segundo informaron, as actividades comezarán ás 19.00 horas cunha foliada tradicional e ás 23.00h actuación de DJ Calambre. “Con esta festa o que pretendemos é xuntar aos veciños e dar a coñecer á asociación que vai retomar a romaría de Exipto pero que tamén vai realizar outras actividades para dinamizar a parroquia”, afirmou Daniel Tubío.

Pola súa banda, Sergio Gómez explicou que “para esta primeira festa temos unha proposta máis tradicional cunha foliada que rematará coa actuación dun DJ local co obxectivo de recadar fondos para a Romaría de Exipto”.

Está previsto que participen uns 13 grupos de Abanqueiro, Boiro e outros municipios da comarca, chegando aos 110 músicos que se van xuntar o sábado en Abanqueiro.

Durante a tarde haberá sorteos de agasallos doados por Sisal, JEALSA, Romina Sóñora, Mon Ferbal, Ginlab, Beltane, Furancho, Sr. Balón e Baldani. Ademais haberá food truck con comida, que elaborará un bocadillo típico de Abanqueiro de luras fritas.

A concelleira de Cultura, María Outeiral convidou á veciñanza a participar desta actividade organizada por esta nova Comisión de festas que nace para dinamizar e programar actividades en Abanqueiro: “Dende o Concello de Boiro estamos encanados de participar nesta festa na que se xunta a música e a gastronomía e que conta coa implicación da veciñanza para realizar actividades na parroquia”.

Outros artigos

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.