A Catedral de Santiago e o mosteiro de San Martiño Pinario exhibirán a partir do 13 de xuño a arte sacra da exposición itinerante “Las edades del hombre”

24 Maio 2024

A Fundación As Idades do Home presentou os detalles do seu XXVII edición que neste 2024 celebrarase de maneira compartida entre a localidade leonesa de Villafranca del Bierzo e Santiago de Compostela. Esta exposición estenderase desde xuño ata novembro.

A cripta do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago e o mosteiro de San Martín Pinario acollerán ao redor de 170 obras chegadas desde as dioceses de Galicia e Castela e León, así como de museos nacionais e rexionais, galerías e coleccións privadas, mesmo de procedencia estranxeira. Todas elas formarán parte dos 9 ámbitos comisariados polo pobrense Daniel C. Lorenzo e Ramón Yzquierdo, directores xeral e técnico – respectivamente- da Fundación Catedral de Santiago.

O acto de presentación tivo lugar na igrexa de Santo Domingo de Bonaval, participou o Arcebispo de Santiago, Mons. Francisco José Prieto quen afirmou que a hospitalidade e a peregrinación van da man, “porque o peregrino e o que camiña sabe o que é sentirse albergado, acollido”.

Mons. Prieto destacou tamén que As Idades é a expresión da persoa que, en cada momento da historia, “vai facendo camiño tamén e cun sentido profundo nese horizonte da fe”. E engadiu que “falar de camiño, falar de meta, falar de hospitalidade, falar de home que se pon en camiño, é pensar que temos aínda unha esperanza que albergamos como humanidade e iso eu creo que a exposición das Idades do Home vai facer posible”.

a exposición estará dividida cos seguintes apartados:

Ámbito 1: Santiago apóstolo e peregrino
Ámbito 2: A peregrinaxe e a hospitalidade no mundo cristián
Ámbito 3: Unha catedral para o peregrinos
Ámbito 4: Santos peregrinos
Ámbito 5;: Os peregrinos a Compostela
Ámbito 6: Hospitais, hospitaleros e devocións na acollida ao peregrino
Ámbito 7: O labor das ordes relixiosas e militares
Ámbito 8: As catedrais do Camiño
Ámbito 9: Un camiño de acollida e solidariedade: a graza do encontro
Hospitalitas é unha exposición da Fundación As Idades do Home promovida pola Xunta de Galicia e a Junta de Castilla y León e co respaldo do Arcebispado de Santiago a través da Fundación da súa Catedral.

As Idades do Home, 1988-2024

As Idades do Home é o proxecto cultural máis emblemático e con máis proxección dos que se desenvolven en Castela e León e un dos máis importantes no noso país.

Baixo a finalidade da conservación, investigación, a xestión e a difusión do patrimonio relixioso, a súa orixe remóntase a 1988 e o seu padroado fórmano os arcebispos e bispos das once dioceses castelán e leonesas.

Desde a súa xénese en 1988 ata o día de hoxe, desenvolvéronse un total de 26 grandes edicións en catedrais e templos emblemáticos que foron visitados por 12 millóns de persoas e que supuxeron o achegamento a máis de 5.200 pezas de arte relixiosa.

Estes 36 anos depararon, ademais dunha infinidade de proxectos cun traballo que soubo adaptarse ás necesidades de cada momento, a posibilidade de levar o nome de Castela e León a lugares como Nova York e Anveres.

É un proxecto valorado e estimado pola sociedade, que soubo recoñecer o seu traballo con innumerables mencións e premios por exemplo a Medalla de Ouro das Cortes de Castela e León ou a proposta polo Senado español ao Premio Príncipe de Asturias da Concordia.

Na presentación da sede en Santiago participou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, xa que a Xunta de Galicia colabora con la Fundación Las Edades del Hombre na celebración da edición desta mostra, que ao longo dos seus 26 anos de historia ten sido exhibida en diferentes territorios, como Bélxica e Estados Unidos, entre outros, acadando 12 millóns de visitantes; cun total de 5.228 pezas de arte e a restauración doutras 2.000.

López Campos enxalzou esta mostra como un dos “fitos culturais do ano” e destacou a atinada elección de sede compartida entre Santiago e Villafranca del Bierzo ao considerar que ambas cidades representan “importantes enclaves simbólicos”, xa que remarcou que están unidas por un patrimonio con “vencellos fraternais” a través do Camiño de Santiago.

Na súa intervención, o conselleiro puxo en valor a colaboración coa prestixiosa Fundación Las Edades Del Hombre, que encadrou dentro das accións que tanto desde Galicia como desde Castela e León se levan a cabo para preservar e difundir o patrimonio cultural, ao que erixiu como “elemento clave na configuración da identidade dos pobos” e fixo fincapé no feito da irmandade que supón para ambas as dúas autonomías formar parte da Ruta Xacobea.

López Campos tamén incidiu no factor dinamizador que supón na economía dun territorio contar cun rico patrimonio cultural, á vez que o interese e atractivo turístico que esperta.

O acto de presentación contou coas intervencións do arcebispo de Santiago, Francisco José  Prieto; o secretario xeral da Fundación Las Edades del Hombre, José Enrique Martín Lozano, e Ramón Yzquierdo, un dos comisarios de Hospitalitas.

Unhas 170 pezas de gran valor na arte sacra

A cripta do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago e o mosteiro de San Martiño Pinario acollerán ao redor de 170 obras provenientes das diocese de Galicia e Castela e León, así como de museos nacionais e rexionais, galerías e colecciones privadas, tamén de procedencia estranxeira.

As persoas visitantes á exposición poderán desfrutar das obras de arte sacra de gran valor, autoría de grandes artistas do patrimonio español, como o son Juan de Juni, Luis Salvador Carmona, Bartolomé Esteban Murillo, Gregorio Fernández, Alonso Berruguete o Alejo de Vahía, que compartirán espazo con outras pezas contemporáneas e instalacións inmersivas e experiencias de realidade virtual.

O responsable de Cultura do Goberno galego remarcou o axeitado destes dous espazos. No caso da cripta, lembrou que o foi a solución arquitectónica concibida polo mestre Mateo dentro do proxecto do Pórtico da Gloria. E respecto ao Mosteiro de San Martiño Pinario, enxalzou que constitúe xunto á catedral “o máis valioso conxunto de barroco galego”.

O comisariado da exposición na capital galega está integrado polo director da Fundación Catedral de Santiago de Compostela, Daniel Lorenzo, e o director técnico-conservador do Museo desta mesma catedral, Ramón Yzquierdo.

Hospitalitas

Las edades del hombre viaxa a Santiago cun proxecto centrado na hospitalidade, reflectindo a importancia que no Camiño de Santiago este valor e que, por tanto, se incorpora para esta edición ao título da mostra.

O fío condutor basearase nas palabras do Libro V do Códice Calixtino, a primeira guía do Camiño, nas que se refire á hospitalidade, caridade, acollida e solidariedade. Estes termos están recollidos no Scripotrium compostelán impulsado polo Arcebispo Xelmírez que continúan a ter vixencia no ámbito das peregrinacións a Compostela.

Música composta ex profeso para esta edición

Cada edición de Las edades del hombre conta coa súa propia música, realizada de maneira específica para a exposición. A banda sonora de Hospitalitas está composta por David Rivas, músico zamorano, co obxecto de completar o discursos narrativo desenvolvido na selección de obras. Deste xeito, compuxéronse 33 pezas que acompañan as nove estancias cunha duración total de 130 minutos.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...