
A patronal boirense fixo un primeiro balance (no ecuador da iniciativa) da campaña O Pequeno Fainos Grandes, que ten unha vertente marcadamente visíbel (cun certame de carteis escolares cuxos debuxos finalistas, unha decena, poden verse nas rúas de Boiro en diferentes soportes) e cun proceso de votación no que están a participar os clientes dos negocios asociados da patronal elixindo o seu cartel favorito. Cando se cumpre a metade da campaña, xa se superaron os 200 votos. En paralelo sortearanse outros 3 Packs Verán entre os tíckets rexistrados ata o 16 de xuño que ata o momento son 1.777.
Dende o 9 de maio
O Pequeno Fainos Grandes é o lema da campaña da Asociación Boirense de Empresarios que se está a desenvolver dende o 9 de maio na que os protagonistas son os 9 traballos gañadores do I Concurso de Carteis Escolares Somos Boiro, no que participaron os centros de ensino da localidade.
Votación, premios e sorteos
Ademais de poder ver os carteis polas rúas de Boiro, os clientes dos negocios asociados están elixindo o seu cartel favorito a través do formulario habilitado na web da ABE.
Cando se cumpre a metade da campaña xa se sobrepasaron os 200 votos e aínda se poden realizar votacións ata o 16 de xuño. Entre todos os participantes sortearanse 3 Packs Verán compostos por unha esteira (esterilla), un neceser, pas deportivas, un frisbie, crema solar, un balón, unha botella e unha bolsa, que serán os mesmos premios que se levarán os 3 carteis máis votados.
En paralelo a ABE puxo en marcha un sorteo especial vinculado á campaña entre todos os tíckets de compra rexistrados entre o 9 de maio e o 16 de xuño na web da asociación entre os que está programado sortear outros 3 Packs Verán.
Neste caso os tíckets rexistrados ata o momento son 1.777.
A campaña conta con financiamento da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Boiro.