A patronal boirense (ABE) informou da súa integración no Mapa de Emprendemento de Galicia, unha iniciativa da Xunta que tenta reunir a todas as entidades, axentes, redes e recursos de emprendemento existentes na comunidade autónoma. Faino a través dun portal (www.mapaemprendemento.gal) que funciona de canle informativa e punto de encontro da innovación, o emprego e o novo tecido empresarial galego. O portal permite ás persoas emprendedoras localizar entidades da súa contorna, buscar apoio para proxectos e recibir información sobre programas de emprendemento.
No caso das entidades o mapa presenta a oferta de servizos neste eido, axuda a contactar con outros axentes e estar ao día das accións e programas da administración.
Actualmente son 169 as entidades que forma parte deste mapa e a ABE é a primeira patronal galega en ser admitida, esta alta encadrase na estratexia da entidade do fomento do Emprendemento que viuse iniciada coa pertenza á Rede Eusumo, despois coas colaboracións cos Rede de Polos de emprendemento e agora coa alta no mapa.
Para mais información sobre os servizos e accións que desenvolve a ABE neste eido pode accederse á ficha da Asociación Boirense de Empresarios no mapa do emprendemento.




