O home tivo que ser evacuado ata o centro hospitalario de referencia.
Arredor das 16:30 horas desta tarde, o 112 Galicia foi coñecedor dun accidente laboral no Polígono da Tomada a través do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Segundo indicaban, un traballador precipitouse desde unha altura de metro e medio e atopábase semi inconsciente trala caída.
Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron do suceso á Garda Civil da Coruña, Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Pobra.
Finalmente, tras sufrir un golpe na cabeza ao caer, o traballador tivo que ser trasladado polos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.




