Torneo Internacional Congalsa de fútbol base do Concello de Ribeira

02 Abril 2024

O Concello de Ribeira presentou hoxe unha nova edición do Torneo Internacional Congalsa de fútbol base que se disputará os días 25 e 26 de maio no campo de fútbol de herba natural do polideportivo da Fieiteira.
“Este torneo non é só unha competición deportiva, é un xesto de xenerosidade e solidariedade cara á Fundación Aladina, unha organización adicada a brindar un apoio integral aos nenos e adolescentes afectados de cancro e ás súas familias.” afirmou o concelleiro de Deportes Xabier Vidal.
Julio Mariño, promotor e organizador do evento, destacou a colaboración de tódalas pequenas e medianas empresas que apoian e patrocinan o torneo, que fan posible a recadación de fondos para a Fundación Aladina, así como a Ramiro Carregal, principal
Mecenas do Torneo. Segundo explicou, serán 45 equipos os que participen, así como preto de 1300 rapaces e rapazas. O Secretario Xeral do Deporte; José Ramón Lete Lasa, destacou asimesmo a importancia deste tipo de eventos para a promoción do deporte base e a saúde dende a infancia. “É unha honra para o Concello acoller este tipo de eventos que unen a promoción do deporte e a soliedariedade” afirmou o rexedor, Luís Pérez, quen tamén destacou que “esto sería imposible sen a colaboración de tódolos autónomos e pequenas empresas da comarca”.
Na presentación tamén estiveron presentes Isabel Cañas, en representación de Congalsa, principal empresa patrocinadora, o Xefe provincial de Deportes; Roberto García, Iago Iglesias, padriño do evento, Francisco Martínez, en representación da Asociación de Empresarios de Ribeira, Trinidad Boo, de Publicolor, Javier Fontao, de Viaxes Fontao, e Angel Mariño, do Grupo Dunas.
Asimesmo estiveron presentes o tenente de alcalde Vicente Mariño, o segundo tenente de alcalde Francico Suárez-Puerta, o concelleiro Fernando Abraldes e o vicepresidente do Cidade de Ribeira C.F., Ramón Martínez.

Concello

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.