Stop Deshaucios Barbanza fai un chamamento á Xunta para que protexa a unha familia monoparental de Boiro en risco de quedar na rúa

23 Abril 2024

Novamente a Plataforma Stop Desafiuzamentos Barbanza (Stop Deshaucios Barbanza) volve poñer o foco nunha das realidades máis dramáticas destes tempos de suposto progreso e suposta calidade de vida: nunca antes houbo tanta vivenda dispoñíbel nos nosos concellos e sen embargo non paran de medrar os casos de familias que non teñen acceso a unha solución habitacional ou perden aquela da que dispuñan. Desta volta a plataforma pon o foco no caso dunha familia monoparental de Boiro, unha nai e o seu fillo menor de idade, que están a loitar para evitar un desaloxo por falta de pagamentos de alugueiro, ben para poder manterse na vivenda ou que a Administración autonómica lles garanta unha alternativa habitacional, unha opción que a plataforma lembra que é legalmente obrigatoria a ser unha familia vulnerábel e en risco de exclusión social. “Con esta alternativa”, sinalan dende Stop Desafiuzamentos, “a propiedade do inmóbel en cuestión pode ter garantida a renda e recibir o importe mensual da propia Xunta de Galicia, unha vez interposta a demanda por desaloxo”. A entidade social fai un chamamento á Administración autonómica para que xestione coa maior premura a correspondente alternativa habitacional, unha cuestión na que segundo lembra a plataforma, tamén está a traballar a Concellería de Servizos Sociais do Concello de Boiro.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...