Servizos Sociais de Ribeira impartirá unha formación específica de axuda no fogar

03 Abril 2024

O tenente de alcalde e concelleiro de Servizos Sociais de Ribeira, Vicente Mariño, presentou este mércores 3 de abril a formación O servizos de axuda no fogar: Coidados específicos.

Segundo explicou, o curso desenvolverase en modalidade presencial nas aulas que a Área de Servizos Sociais ten na rúa Cristobal Colón. Este curso teórico-práctico terá unha duración de 30 horas, e desenvolverase nos sábados 13, 20 e 27 de abril e 4, 11 e 18 de maio.

A formación será impartida por unha titulada en Enfermería, unha licenciada en Dereito e un graduado en Traballo Social. Tódalas persoas asistentes recibirán o material necesario para a realización do curso, co propósito de “ofrecer unha atención integral, continuada e personalizada ás persoas en situación de dependencia, coñecer as súas características psicosociais e capacitar ás e aos participantes a prestar funcións de coidadoras/es en domicilios e administración de medicamentos”, explicou Mariño.

As inscricións poderanse realizar a partir de mañá a través do teléfono 981874131 ou ben no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios na Praza 8 de marzo s/n.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.