Rueda participa na toma de posesión dos delegados territoriais e demais altos cargos da Presidencia da Xunta

25 Abril 2024

O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, participou na toma de posesión dos novos delegados territoriais e demais altos cargos da presidencia da Xunta de Galicia.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, deulle a benvida a sete dos novos altos cargos que tomaron posesión este xoves: os catro delegados territoriais e tres altos cargos da Presidencia.

A todos eles trasladoulles a mesma mensaxe que lanzou aos seus conselleiros hai dez días, animándoos a superarse e a mellorar: “Sempre hai que tentar mellorar, dígoo por min e por todo o mundo”.

Durante un breve discurso de benvida, nun dos salóns do complexo administrativo de San Caetano, o presidente agradeceu que tanto os novos cargos como os que repiten aceptasen a responsabilidade. Tamén agradeceu ás súas familias, que os acompañaron no acto, que deixasen “por un tempo” aos seus seres queridos á administración, xa que se trata dun traballo moi demandante e esixente.

Sobre os nomeamentos e as recolocacións, Rueda asegurou que “o estilo Galicia” invalida o aforismo que sostén que o que funciona non hai que tocalo, porque no caso galego “ás veces hai que tocalo e trasladalos” (a outros postos), dixo.

Deste xeito explicou que o servizo público demanda “estar en cada momento onde poidas facer mellor un traballo”, polo que salvo algunhas persoas que por motivos persoais decidiron non seguir todos os que deixan unha responsabilidade pasarán a ocupar outra.

“No meu caso, ademais, non adoito practicar esa maneira de facer nomeamentos espectaculares que dan que falar e logo esquécense, e que ao día seguinte de ser nomeado hai que traballar e por iso os cargos que nomeei teñen moita experiencia. Algúns, mesmo, decidiron aceptar deixar postos máis cómodos ou menos problemáticos e eu agradézollo”.

Rueda tivo palabras específicas para o novo secretario xeral de Medios, Pedro Rojo, de quen destacou que é “un home organizado, afable, con moita visión e intelixencia”. Tamén para Isabel Concheiro, a responsable da recentemente creada Dirección Xeral de Asuntos Constitucionais e desenvolvemento lexislativo, unha área “oportuna” e “máis nesta semana”, tras o pau do TC ao Goberno pola lei do litoral.

A José Manuel Merelles, que repite á fronte da Axencia de Turismo, lembroulle que “ten moitos retos por diante: Imos ben, pero podemos ir moitísimo mellor”.

Tamén tomaron posesión dos seus cargos este xoves catro delegados territoriais: A Coruña, Belén do Campo, que volve ocupar o cargo tras anos na Consellería de Medio Ambiente; Ourense, Manuel Pardo e Lugo, Javier Arias, que repite, do mesmo xeito que a responsable en Ferrol, Martina Aneiros.

Entre outras autoridades, asistiron ao acto o presidente do Parlamento, Miguel Santalices; o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo; a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez; a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García; o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor e o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.