Ribeira entre as vilas que acollen a II edición da Copa Deputación de Balonmán na Rúa

10 Abril 2024

O balonmán volverá a estar presente nas rúas de sete concellos da provincia da man da segunda edición da Copa 5×5 Deputación da Coruña, que pretende levar este deporte a nenos e nenas de entre 6 e 11 anos dunha forma lúdica e divertida.

Esta tarde celebrouse a presentación desta competición na zona do Parrote da Coruña, onde se instalou para a ocasión unha pista de minibalonmán, nunha contorna privilexiada da cidade herculina. Asistiron ao acto o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o deputado de Deportes, Antonio Leira, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López Molina e alcaldes e concelleiros de Deportes dos sete municipios que este ano acollerán o evento: A Coruña, Zas, Sada, Negreira, Oroso, Cedeira e Ribeira.

A primeira edición desta competición tivo un éxito rotundo, coa participación de máis de 1.600 deportistas e cunha ampla presenza feminina, que superou o 60 %. Ademais, os actuais clubs de balonmán de Cerceda e Ribeira son froito desta Copa.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, subliñou o carácter innovador desta proposta, que “pretende achegar o balonmán a todos os públicos na rúa”. “Con este formato seguro que moitos nenos e nenas se animan a probar este deporte, incrementando a canteira de moitos equipos da provincia e creando outros novos, como os de Cerceda e Ribeira”.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, destacou “o gran papel que desenvolve a Federación Galega de Balonmán e a súa aposta de chegar a máis concellos nos que aínda non hai escolas ou clubs estables mediante iniciativas como esta, dando a coñecer este deporte a un público que non tivo ou non ten un acceso tan fácil ao mesmo”.

Pola súa banda, Bruno López, agradeceu a aposta da Deputación da Coruña por este proxecto “ambicioso e importante, que nos facilita chegar a moitas das familias da provincia, que grazas a isto poden descubrir o balonmán e todo o que o rodea”.

A primeira proba celébrase esta fin de semana na Coruña

A primeira das probas terá lugar desde deste mesmo mércores, 10 de abril, ata o domingo día 14 no Paseo do Parrote da Coruña. Os outros 6 municipios que acollerán esta competición serán os de Zas (26 – 28 de abril), Sada (3 – 5 de maio), Negreira (10 – 12 de maio), Oroso (31 de maio – 2 de xuño), Cedeira (14 – 16 de xuño) e Ribeira (20 – 22 de xuño).

Nos lugares seleccionados disporase unha pista de mini-balonmán ao aire libre, con bancadas para 250 persoas para que familias e afeccionados poidan gozar vendo en acción aos máis pequenos/as.

Ademais, ao mesmo tempo, retransmitirase a competición por streaming a través da canle de Youtube da FGBm na xornada final do domingo, día no que se disputan as semifinais e finais de ambas categorías. Ao remate terá lugar a entrega de medallas e trofeos e, por último, aproveitarase o directo para facer entrevistas aos protagonistas do evento.

A pista dispón de marcador electrónico, unha gran pantalla LED, megafonía, speaker e comentaristas e un dron para as tomas aéreas do evento, configurando un gran espectáculo para toda a familia no que os pequenos e pequenas deportistas serán protagonistas.

Os equipos participantes deberán ter un mínimo de 5 integrantes, ademais dun/ha responsable (de máis de 16 anos). Todas e todos os participantes recibirán un equipamento conmemorativo e os dous primeiros clasificados de cada proba en cada categoría recibirán un trofeo e medallas para todos os integrantes do equipo.

Todas as persoas interesadas poderán inscribirse no seu propio centro escolar ou ben na seguinte: ligazón.https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdkqz-lvLXnYwpEDKEZEIaWUbmPJqcCmkA2kdksbCxea_MmIQ/viewform?pli=1

Outros artigos

Domingo regresa o sol e empeza a subir a temperatura

Na xornada do domingo seguiremos con aire frío en altura xerando inestabilidade atmosférica. Unha situación que favorecerá a formación de chuvascos, localmente treboentos, máis probables e frecuentes no interior e nas horas centrais do día. As temperaturas mínimas...

+

Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

O Concello de Ribeira conmemorou o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo rendendo unha homenaxe a tres mulleres extraordinarias que dedicaron as súas vidas a unha profesión fundamental para a nosa comunidade: o marisqueo. O concelleiro de Mar, Fernando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...