Rianxo contará con catro novas licenzas de taxi

16 Abril 2024

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, anunciou este luns 16 de abril novidades no transporte do concello que mellorarán o servizo a cidadáns e visitantes. En concreto, deu a coñecer a adxudicación de catro novas licenzas de taxi.

Segundo dixo, dos novos vehículos de transporte público que axiña comezarán a traballar no municipio, un será un vehículo adaptado a persoas con mobilidade reducida e dous deles contarán con sete prazas.

Bustelo engadiu que estamos ante un “importante paso no camiño de reactivar a pequena economía local e atende á demanda manifestada dende fai moito tempo tanto polo propio sector como polos veciños e veciñas”. E engadiu: “Os novos taxis, xunto cos xa operativos, permitirán fortalecer o servizo tanto para os veciños e veciñas de Rianxo como para as persoas que nos visitan”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.