Rianxo activa unha campaña de prevención de lumes

22 Abril 2024

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Medio Ambiente que dirixe Alberto Angueira, bota a andar unha campaña de prevención de lumes no municipio. Tal e como explicou o edil, os esforzos centraranse no control da limpeza das fincas situadas nas franxas de protección, as cales deberán estar limpas antes do 31 de maio, tal e como marca a Lei de Prevención de Incendios Forestais de Galicia. “Todos os propietarios e propietarias de parcelas situadas a menos de 50 metros de poboacións están obrigados a limpalas antes desa data”, sinalou o concelleiro.

Nos próximos días enviaranse notificacións e colocaranse, nos puntos habituais, bandos informativos para difundir as obrigacións das persoas propietarias das fincas, así como planos dos diferentes núcleos coas franxas de protección delimitadas, as cales tamén aparecen recollidas no visor xeográfico da Xunta.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.