Prohíbense as queimas de restos agrícolas e forestais dende o luns

14 Abril 2024

A Xunta de Galicia prohibe dende este luns as queimas de restos agrícolas e forestais a cargo de particulares ata novo aviso ante a “evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume”.

Nun comunicado, o Goberno autonómico avanzou que quedan “excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais, debidamente planificadas e dispoñendo dos medios de extinción precisos”.

A Consellería do Medio Rural pide a “colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.