Porto do Son acolle en abril un ciclo de monólogos con Bea Campos, Federico Pérez Rey, Quico Cadaval e Avelino González

03 Abril 2024

Porto do Son vai ser este mes de abril a capital galega das narracións orais. En concreto, o Concello (a través da Área de Cultura) organiza na Casa da Cultura a primeira edición do Ciclo de Monólogos de Porto do Son: catro sesións (todas elas ás 20.00 horas) con catro xigantes das historias, dos contos e da retranca: Bea Campos, Federico Pérez Rey, Quico Cadaval e Avelino González.

A cita con Bea Campos (Urdime, Inventi Teatro) será o día 6 de abril, baixo o título Marcho que teño que marchar.

A sesión con Federico Pérez será o 13 de abril, na Casa da Cultura ás 20h, baixo o epígrafe Xa que o sabes, voucho contar.

A cita con Quico Cadaval será o 20 de abril. O contador e dramaturgo ribeirense acode a Porto do Son con Vacas, guerras, porcos e cregos.

Por último, a cita con Avelino González será o 27 de abril, co espectáculo Chistes que foron contos.

As entradas para estes catro espectáculos xa están á venda dende o 1 de abril, a un prezo de 5 euros (na Casa da Cultura de Porto do Son).

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...