Outes acolle este 13 de abril un obradoiro de comunicación xestual de bebés (“baby sign”) para as familias

09 Abril 2024

O Concello de Outes e Doce Coliño van organizar este mes de abril un Obradoiro de Baby Sign dirixido a familias con bebés e mulleres embarazadas da contorna. A actividade desenvolverase este sábado 13 de abril ás 11 horas.

No seu transcurso mostrarase ás persoas asistentes como comunicarse co seu bebé antes de que fale, como aplicalo axeitadamente e sacar a esta comunicación o máximo rendemento, os múltiples beneficios que o baby sign achega no seu desenvolvemento psicomotor e como aprender signos básicos da rutina diaria dos nenos, contos e cancións para desfrutar en familia.

A actividade desenvolverase no Centro Social de Outes. As inscricións son de balde (prazas limitadas). As inscricións cómpre facelas a través do teléfono 611 857 087, o na conta de correo docecolino@gmail.com.

Imparte este obradoiro Isa Gil, instrutora especializada en técnicas de baby sign.

Para quen non o saiba, o baby sign é un método que serve para facilitar a comunicación cos nosos pequechos. Apóiase na demostración científica de que os bebés son quen de aprender, entender e repetir xestos moito antes de poder a falar. Esta nova técnica baséase neste principio e logo achéganos uns signos cos que os cativos son capaces de expresarse.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.