Os socialistas do Barbanza reunironse esta mañá en Rianxo en apoio ao presidente, Pedro Sánchez. O secretario comarcal, Luis Ruiz, leu un manifesto acompañado dos candidatos comarcais e a militancia socialista da comarca.
“Os partidos da dereita, incapaces de propoñer unha alternativa de goberno que acade o respaldo maioritario da cidadanía, pretenden derrocar o actual goberno lexitimamente elexido en urnas, co uso de calquera fórmula o seu alcance”, afirmou Ruiz. O motivo que levaba ao presidente a esta reflexión foi o uso que se está a facer de distintas formulas que se atopan fora do debate político.
O fin último dos ataques non é outro que derrocar o goberno socialista. “A derrota da democracia, a modificación de un goberno fruto de un proceso de elección lexítimo, o cambio do sentir maioritario de un pobo co uso da mentira, do engano, da manipulación pública, e en este caso tamén, do uso interesado da xustiza”, recoñeceron no comunicado.
Os socialistas do Barbanza mostraron deste xeito o seu apoio ao presidente do goberno, Pedro Sanchez, para a non dimisión. “Que o faga por el, por todo o que lle queda aínda por aportar o futuro de este país, e, sobre todo, porque o que está en xogo é a defensa da democracia, da nosa democracia, unha vez mais, outra mais, a potestade do pobo de elexir libremente o seu proxecto de futuro”, afirmou Ruiz no comunicado.




