Os membros do GES de Noia liberaron a unha persoa que envorcou co seu coche en Outes. Onte interviron nun incendio

01 Abril 2024

Encargáronse de cortar o parabrisas do vehículo para retirar á implicada, que permaneceu consciente en todo momento.

Eran as 11:15 horas cando un particular chamou ao 112 Galicia e alertou dun coche que envorcou no quilómetro 66 da AC-550, á altura da parroquia de Tarás.

ADC Bombeiros Boiro

De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Noia, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local e Protección Civil de Outes.

Cando chegaron ao punto, os equipos de emerxencias comprobaron que a persoa permanecía consciente, aínda que era incapaz de abandonar o vehículo. A continuación, o GES de Noia cortou o parabrisas cunha ferramenta especializada e axudaron a retirar á implicada, que foi atendida polos servizos sanitarios.

Tamén onte a dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro xunto o Ges de Noia, Protección Civil Outes e Garda Civil actuaron nun incendio nunha vivenda no Concello de Outes.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.