Os bombeiros rescataron a unha muller que caeu por un barranco en Rianxo

10 Abril 2024

A afectada, que tropezou cando camiñaba cara á praia de Quenxo, foi subida cunha padiola suxeita con cordas

Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro e Ribeira en rescate de persoa precipitada no Concello de Rianxo. Colaboran Policía Local de Rianxo, Protección Civil Rianxo Perfil Oficial e 061.

Os efectivos de Boiro colaboraron cos de Ribeira para auxiliar á implicada, que foi atendida polos servizos sanitarios.

Foi un particular quen, pouco despois das 17:30 horas, alertou ao 112 Galicia dos feitos: unha muller acababa de caer por un dos barrancos da praia de Quenxo. Naquel momento, a persoa permanecía consciente, pero eran necesarios medios de rescate para retirala do desnivel no que quedara situada.

No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Boiro e Ribeira, a Garda Civil e a Policía Local e os voluntarios de Protección Civil de Rianxo.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.