O PP de Ribeira propón crear columbarios nos cemiterios municipais de Ribeira e Palmeira

26 Abril 2024

Os populares de Ribeira, a través do concelleiro Emilio Pérez Outeiral, presentaron unha moción para ser tratada no vindeiro pleno da Corporación relativa ás columbarias e ás novas alternativas de soterramento de restos mortais. Segundo se fai saber na proposta, as columbarias (conxuntos de nichos) son un tipo de enterramento recente, xa que a cremación foi recoñecida como opción hai solo 60 anos, que cada vez está gañando máis popularidade en parte debido ás vantaxes que ofrece: os columbarios están construídos con materiais que non requiren un coidado constante e, ademais, ao conter so cinzas non poñen en risco a saúde publica e mesmo pódense construír en calquera espazo público ou privado”. Os populares din que tamén medra a súa presenza pola saturación á que se ven sometidos os nosos cemiterios provocada. E engaden: “Ante o crecente número de persoas que deciden optar pola incineración, o Grupo Municipal do Partido Popular propón un proxecto no que xa viña traballando dende hai tempo, dende a pasada lexislatura, e que contemplaba a súa creación ante a demanda que xeraba este servizo inexistente no noso municipio”.

Trátase, explica o concelleiro, “dunha modalidade que ademais de supoñer unha comodidade para as familias é tamén máis asumíbel; constitúe tamén unha alternativa cada vez máis estendida e practicada que non precisa da posesión nin de nicho nin de panteón para enterrar aos seres queridos, e dos que moitas familias non dispoñen”.

O grupo sostén que as obras que correspondería facer en Ribeira e tamén en Palmeira “poderían levarse a cabo en fases, realizándose en unidades e dependendo da demanda que puidera existir en cada momento podendo ser ampliados nun futuro no caso de que fose necesario”. O grupo destaca “o o valor engadido que supón dispoñer dun columbario en dúas das parroquias do noso municipio como son Ribeira e Palmeira para os nosos defuntos, un servizo que se prestaría en consonancia coas actuais tarifas que se pagan polos nichos e panteóns”.

É por iso que solicitan:

1- A posta en marcha dun proxecto que contemple a creación de columbarios nos cemiterios municipais de Ribeira e Palmeira como unha opción para poñer a servizo da veciñanza, no mesmo réxime no que se xestionan os nichos e panteóns.

2- Que tendo coñecemento do proxecto que foi proposto pola parroquia de Ribeira para darlle un uso comunitario e así impulsar a recuperación dunha zona céntrica como é a do Sagrado Corazón de Xesús, nas inmediacións do Monumento, se abra un diálogo para consensuar unha fórmula que recolla as inquedanzas de todas as partes interesadas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...