O poeta arxentino con raíces rianxeiras Diego Roel presenta na súa terra de orixe o poemario “Los cuadernos perdidos de Robert Walser”, Premio Loewe en 2023

11 Abril 2024

O vindeiro xoves 18 de abril, ás 20:30, no Salón de Actos do Centro Sociocultural-Auditorio, está prevista a presentación da obra Los cuadernos perdidos de Robert Walser, do poeta arxentino, con antecedentes rianxeiros, Diego Roel.

A obra, editada polo prestixioso selo Visor e galardoada co Premio Loewe de Poesía 2023, (un dos certames máis relevantes do ámbito iberoamericano) presentarase na terra de orixe de Roel no marco programa Primavera Cultural 2024, organizado pola Área de Educación e Cultura do Concello de Rianxo.

A cita contará coa presenza do autor e do tamén escritor (e rianxeiro) Xosé Ricardo Losada, e do alcalde Julián Bustelo.

Diego Roel é un dos poetas arxentinos máis valorados e recoñecidos no seu país na actualidade. Nado en Temperley, Bos Aires, en 1980, estudou Historia da Arte na Universidade da Prata e actualmente dita obradoiros de escritura creativa en Posadas. Entre os seus libros destacan Padre Tótem (2004), Dice Jonás (2015), Las intemperies do mar (2017), Shibólet (2018), Kadosh (2019), El inferno es una bestia callada y triste (2020) e Andréi Rubliov (2020).

Os cadernos perdidos de Robert Walser é un libro que utiliza a técnica do monólogo dramático, mesturado co monólogo interior, usando como fonador a personalidade do escritor suízo citado no título, así como diversas referencias a Hölderlin, Keats e Rimbaud, que lle permiten ao autor combinar a epístola e o pensamento, a confidencia e a reflexión, mantendo unha distancia enunciatoria que obxectiva o subxectivo e que articula todo o seu sistema de dicción.

En palabras de Vistor, o resultado “é un libro que destaca polo rigor e a unidade da súa escritura, o ton conseguido e unha serenidade sen o menor indicio de traxedia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.