O Partido Galego renova os seus cargos de dirección e reforza a liña de actuación

07 Abril 2024

O pleno do congreso do Partido Galego, aprobou por unanimidade a elección dos dous cargos máis representativos, a Presidencia que recaeu en Francisco Villanueva de Lugo e a Secretaría Xeral en Miguel Míguez de O Grove. Dúas persoas con moita bagaxe política, social e no mundo profesional; onde Francisco (Paco) desenvolve o seu labor no ámbito sanitario e Miguel no ámbito empresarial da acuicultura.

Tamén se aprobaron os membros permanentes do Consello Nacional en representación da militancia.

No pleno do Congreso do PG aprobáronse os documentos de Resolucións (12), Tese Política, Liña Estratéxica e Estatutos.

No ámbito das resolucións, cabe destacar a relacionada coa petición de celeridade para xestionar a transferencia das competencias do Estado para Galicia, ate completar as contempladas no Estatuto de Autonomía. Outras resolucións son a solicitude dunha alternativa viable e sostible ao proxecto de Altri na comarca da Ulloa, a transferencia da AP9, priorizar a construción do sistema ferroviario do Estado polo eixo atlántico (Portugal-Galicia-Euskadi-Francia), e outras.

Na clausura do acto participou o Senador do PNV, Luke Uribe-Etxebarría, quen trasladou a disposición deste partido a manter unha colaboración no traballo político, que se verá reforzada nos vindeiros meses. Participaron tamén en representación do BNG, Xosé Luís Rivas (Mini) e en representación de Terra Galega. Bruno González.

No discurso de clausura o novo Secretario Xeral do PG, Miguel Míguez, expresou a intención de levar a cabo un intenso traballo orgánico para a expansión e implantación do PG no maior número posible de concellos, e a incorporación de activos políticos para a transformación e posta en práctica de boas políticas nas corporacións locais e no ámbito autonómico.

Para rematar, o SX lembrou que o Partido Galego defínese a si mesmo como un partido para a sociedade galega, democrático, participativo, plural, aconfesional e humanista, aberto ao progreso e a todos os movementos que redunden en beneficio do ser humano.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.