O Concello de Boiro organiza unha exposición cos traballos do I Concurso de Carteis Escolares “SomosBoiro”

17 Abril 2024

A Casa da Cultura de Boiro acolle dende este mércores unha exposición con todos os traballos presentados no I Concurso de Carteis Escolares “Somos Boiro” organizada pola Asociación Boirense de Empresarios para realizar a súa nova campaña de promoción comercial. O alcalde, José Ramón Romero, e a concelleira de Ensino, Carmen Silva, participaron esta tarde xunto co presidente da ABE, Daniel García, na inauguración da mostra e entrega de premios aos traballos gañadores.
De todos os traballos presentados polo alumnado dos centros de ensino do municipio, seleccionáronse 9 debuxos que serán os
protagonistas da campaña de promoción do comercio local da ABE na primavera 2024 e que consistirá na colocación de 45 pancartas e 2 lonas na rúa peonil de Boiro. O alcalde, José Ramón Romero, agradeceu a todos os rapaces e rapazas pola súa “participación nesta iniciativa que engloba aos centros de ensino, ao empresariado local e ás familias para promover o
comercio local”.
“Os traballos seleccionados van ser os protagonistas da nova campaña comercial e de promoción do comercio local para facer participe á rapazada de Boiro da importancia de mercar no noso comercio”, afirmou Daniel García.

Os 8 galardoados recibiron ademais un BONO ABE valorado en 30 euros para empregar nos máis de 200 negocios asociados.
Ante a gran calidade dos traballos presentados, decidiuse organizar unha exposición coa selección dos mellores traballos presentados e que, dende hoxe, se poden visitar na Casa da Cultura de Boiro. “É un proxecto moi gratificante, que tivo unha ampla participación e contou coa colaboración de todos os centros de ensino”, afirmou a concelleira de Ensino, Carmen Silva.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.