
O Concello de Boiro facilita a visita da nova unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas habilitando a praza de A Boqueira de A Negral. A unidade móbil estará na localidade da nosa comarca entre o 8 e o 12 de abril e para asistir é necesario reservar cita previa.
Ante as necesidades da nova unidade móbil, de dimensións maiores, habilitouse o espazo de A Boqueira de A Negral para “poder facilitar as inspeccións sen levar a cabo cortes de tráfico ou circulación”. Por este motivo e durante a estadía da unidade móbil a praza non estará accesíbel para o público xeral como zona de ocio e lecer.
O horario das inspeccións será entre o luns 8 e o xoves 11 de 9.00 a 13.00 horas e de 15.15 a 18.00 horas. O venres 12 o horario será unicamente de mañá, de 9.00 a 13.00 horas. A solicitude de cita previa pode facerse a través do teléfono 902 30 90 00 ou a web www.sycitv.com – Cita previa.



