O Concello de Boiro culmina os trámites de adhesión ao protocolo VioGen contra a violencia de xénero

23 Abril 2024

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, presidiron este martes 23 de abril a xunta local de Seguridade en Boiro, reunión que serviu para analizar os diferentes indicadores relativos á seguridade cidadá e culminar cos tramites de adhesión ao protocolo VioGen, de atención á protección de vítimas de violencia de xénero.

A subdelegada informou de que o concello de Boiro executa diversas actividades no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, como accións de sensibilización e prevención, campañas divulgativas e outras actividades dirixidas a erradicar a violencia machista, polas que recibiu desde o ano 2018 un total de 41.779,87 euros.

Na reunión, María Rivas fixo un repaso dos datos proporcionados polo sistema de protección de vítimas VioGén na provincia da Coruña, indicando que a día de hoxe os sistemas policiais incorporados a VioGen teñen rexistrados 2.276 casos de violencia de xénero activos.

A subdelegada salientou a necesidade de “seguir facendo un esforzo conxunto de tódalas administracións para erradicar a violencia de xénero, por iso a importancia de que as entidades locais se sumen ao protocolo VioGen, xa que son as que dispoñen dos recursos, as que están máis preto da veciñanza e que, grazas a esa proximidade, poden colaborar no seguimento, acompañamento e prevención de xeito moi eficaz”.

Rivas felicitou ao Concello de Boiro pola incorporación da Policía Local sistema VioGén, xa que “a súa contribución será fundamental conseguir unha sociedade xusta e libre de violencia machista”.

A subdelegada do Goberno lembrou a importancia de que os concellos da provincia con Policía Local se sumen ao sistema VioGén, “coma Boiro e coma 21 concellos da Coruña, aos que hai que engadir outros 5 que se atopan en proceso de inclusión”.

Tamén informou que son 41 os concellos da provincia que contan con Mesas de Coordinación Interinstitucional.

Na reunión, María Rivas e o alcalde fixeron un repaso polos principais indicadores facilitados pola Garda Civil e que fan referencia á seguridade cidadá e a eficacia policial no concello. A subdelegada do Goberno destacou que “a taxa de criminalidade do municipio sitúase case nove puntos por debaixo da media nacional, en 42,5 puntos”. Salientou tamén que no ano 2023 houbo unha redución nun 6,38% do total de infraccións penais con respecto ao ano precedente, manténdose a taxa de esclarecementos en torno ao 40%

Nesta mesma liña, María Rivas e o alcalde de Boiro enxalzaron “o alto nivel de coordinación entre a Garda Civil e a Policía Local”, indicando que esa coordinación “é unha ferramenta fundamental que está permitindo avanzar na seguridade do concello”.

Ademais, a representante do Goberno central aportou datos sobre a incidencia do Plan Director para a Convivencia Escolar do Ministerio do Interior no que participaron os centros educativos de Boiro. Rivas expresou a súa satisfacción pola “boa acollida durante 2023”, de modo que en todos os centros educativos desenvolvéronse actividades do Plan Director nos que participaron 1.341 persoas de Boiro, entre alumnado, profesorado e familias.

Tamén fixo saber que o Plan Director para a Convivencia Escolar realizou 29 actividades, das que nove serviron para abordar temas relacionados co acoso escolar, cinco co uso de novas tecnoloxías, catro que se centraron na violencia de xénero e a igualdade e dúas co consumo de sustancias como drogas e alcol. Ademais, durante o primeiro trimestre de 2024 xa se realizaron sete actividades en tres centros educativos nas que participaron 147 persoas, entre alumnado e profesorado.

Tamén quixo recordar que en novembro o Pavillón Polideportivo do C.E.I.P. Santa Baia de Boiro acolleu a exhibición de medios da Garda Civil, actuación enmarcada dentro do Plan Director que promove que os nenos e nenas en idade escolar poidan achegarse a coñecer as distintas unidades da Garda Civil, así como os protocolos de actuación ante diferentes delitos. A actividade contou con máis de 750 alumnos e alumnas de distintos centros educativos de Padrón (CEIP Rosalía de Castro, EEI de Arrenten, EEI da Escravitude, EEI de Extramundi de Arriba, EEI Pontecesures), Porto do Son (CEIP de Nebra) e de Boiro (CEIP Santa María de Castro, CEIP Escarabote e o CEIP Santa Baia), e tivo tamén como obxectivo axudar ás persoas en situacións de pobreza e vulnerabilidade.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...