O Concello da Pobra celebra este venres pola tarde unha ofrenda cívica a Victoriano García Martí

04 Abril 2024

A praza García Martí da Pobra do Caramiñal será escenario no 5 de abril, ás 19.00 horas, da ofrenda cívica ante o busto do intelectual ao abeiro da programación do V Ciclo Victoriano García Martí. Ao acto asistirán membros da Corporación municipal baixo a presidencia do alcalde, José Carlos Vidal, e da concelleira da Cultura, Partricia Lojo.

O ciclo

O Concello da Pobra do Caramiñal renovou este mes de abril o seu compromiso cun dos seus veciños máis ilustres, o escritor e xornalista Victoriano García Martí, representante da intelectualidade libre pensadora da primeira metade do século XX, amais de autor prolífico e promotor da galeguidade alí onde tivese foro de opinión pública ou responsabilidades.

Así, a Concellaría de Cultura a través do Museo Valle-Inclán, a institución depositaria dos fondos manuscritos, bibliográficos e fotográficos cedidos pola familia de García Martí, achega esta primeira fin de semana de abril unha serie de actividades de índole conmemorativa.

O venres, 5 de abril, o grupo de música tradicional Os Caraveiros percorrerá as prazas e rúas da vila durante a tarde. Ás 19:00 h celebrarase a dita a ofrenda cívica no busto de don Victoriano situado na praza que lembra o seu nome e, de seguido, ás 19:30 h inaugurarase a mostra Memorias admirables do ‘El Duque de Él’, escolma de imaxes e de citas en admiración súa de persoeiros da cultura de Galicia, da que é comisario Antonio González Millán.

O sábado, 6 de abril, e xa no auditorio do museo, ás 19: 00 h, será a ocasión dunha lectura pública de textos do autor sobre A Pobra do Caramiñal e, ás 19:30 h, da presentación da novela ¡Una más!…» (1932), edición facsimilar, coa intervención do profesor e crítico literario Xesús Laíño Briones-Arén. Publicación da que as persoas asistentes recibirán un exemplar de balde.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.