O Centro Sociocultural da Ribeiriña dinamízase coa creación dun xardín veciñal

05 Abril 2024

A reforma integral do Centro Sociocultural da Ribeiriña rematada a finais do 2023 complementarase este ano cunha importante intervención: a rexeneración paisaxística da contorna do edificio, unha transformación sustentábel programada con técnicas respectuosas co medio ambiente cuxos detalles foron presentados este venres 5 de abril polo Concello, que explicou que a fórmula elixida é a dun xardín veciñal colaborativo. O proxecto vén da man da Concellaría da Participación Veciñal da Pobra do Caramiñal xunto con Agrofloresta Viva, a Asociación de veciños Ribeiriña-Conchido e Senda Verde.

A concelleira da Participación Veciñal, Rosana Pérez, sinalou este venres que “se trata dunha iniciativa viva e dinámica coa vontade de crear espírito de comunidade mediante a co-creación dunha zona axardinada”. Desta maneira, engadiu, “búscase a implicación da cidadanía e a descentralización das actividades lúdico-formativas do núcleo urbano para levalas ao rural”. Por esta razón, a edil animou a residentes do centro a “participar para aprender sobre xardinería e experimentar a creación dun espazo verde”.

O investimento por parte da Administración local ascende aos 8.000 euros.

No acto de presentación tamén estiveron presentes a edil da Promoción Económica, Amparo Cerecedo, e representantes de Agrofloresta Viva, nomeadamente Rubén Escuredo, Ana de Diego e Sergio García, quen explicaron que esta acción enmárcase na permacultura: unha forma de deseño de espazos sustentábeis. “Esta actividade retroalimentarase das propostas das persoas participantes, polo que irá evolucionando segundo os intereses e suxestións”, sinalaron, engadindo que a fase de implantación desenvolverase nos días 20 de abril e 4 e 5 de maio. O horario das dúas primeiras xornadas é de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas, mentres que a derradeira será a partir das 10.00 horas. A programación inclúe unha introdución á xardinaría rexenerativa; o deseño e creación do xardín veciñal; a selección de plantas adaptadas, perennes e multifuncionais; biopreparados e compostaxe para horta e xardín; círculo de saberes e tradicións; plantación e acolchado, deseño participativo de próximas actividades e xantar compartido. Tamén haberá mantemento durante todo o ano.

Máis información e inscricións no enderezo electrónico participacionvecinhal@gmail.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.