O BNG reclama retirar a eólica mariña e presenta alegacións ao Real Decreto

02 Abril 2024

O Bloque Nacionalista Galego fixo públicas as alegacións presentadas ao Real Decreto polo que se regula a produción de enerxía eléctrica en instalacións que se implantarían no mar. O deputado Néstor Rego anunciou que, como cuestión previa, o BNG reclamou de novo formalmente ao Goberno do Estado que retire os Plan de Ordenación do Espazo Mariño e a posibilidade de que se implanten parques de eólica na costa galega. O deputado do BNG sinalou que “nas alegacións pídese que se respecten as competencias propias das Comunidades Autónomas, que se garanta que parte da xestión sexa pública e reverta no público e, entre outras, a consecución da implantación dunha Tarifa Eléctrica Galega”.

Rego lembrou a presentación dunha consideración previa pedindo a retirada do Real Decreto en aplicación ao principio de precaución debido a que “non existe suficiente información do grao de afectación dos parques de eólica mariña sobre os ecosistemas e sobre a pesca”. O que si existe, proseguiu, “é a experiencia empírica previa coa instalación de tres muíños en Viana do Castelo (Portugal) onde os pecadores afirman que, nun radio de quilómetros, desapareceu a actividade pesqueira”.

Por este motivo, o BNG urxe a retirada dos POEM para “eliminar a posibilidade de implantar os polígonos industriais de xeración de enerxía eléctrica na costa galega”. Da mesma maneira, Néstor Rego expresou “o apoio inequívoco do BNG á concentración convocada en Burela pola Plataforma en defensa do sector pesqueiro que terá lugar o vindeiro sábado, 6 de abril, ás 12h”.

O Real Decreto, sinala o deputado do BNG, obvia a capacidade de decisión que teñen as Comunidades Autónomas e, no noso caso concreto, a capacidade que posúe a Administración galega sobre o seu territorio e o seu litoral e costa. “Estas alegacións defenden a necesidade de que exista unha coordinación coas CCAA á hora de tomar decisións” asegurou Rego, engadindo que “defendemos que exista un informe previo -preventivo e vinculante- realizado pola Administración autonómica sobre o impacto social e económico que poden ter estes polígonos de eólica mariña nos nosos sectores produtivos, sobre todo o pesqueiro e o complexo mar-industria, así como o grao de afectación ao ecosistemas mariños e o noso litoral”.

Así mesmo, o BNG quere que se cumpra coa normativa galega sobre a instalación das infraestruturas de evacuación, que atravesarán as rías galegas e chegarán a  terra, onde se terán que instalar subestacións. “Do mesmo xeito, débense contar coas CCAA para regular o proceso de concorrencia competitiva” insiste Rego.

E engadiu Rego: “Débese garantir o diálogo co sector pesqueiro e marisqueiro nesta fase de exposición pública do Real Decreto co obxectivo de minimizar os impactos negativos, e estabelecer criterios -alén dos económicos- que alcancen ou superen no mínimo 50% da puntuación total para que non sexa só o lucro económico o que determine a adxudicación destes parques neste proceso de concorrencia competitiva”.

Así mesmo, o BNG defende a presenza do Instituto Español de Oceanografía -con dous centros na Galiza- na Comisión de Valoración para que estea presente sempre o criterio científico “á hora de estabelecer a valoración” para achegar a información e o grao de afectación e impacto sobre os ecosistemas mariños e o impacto socioeconómico que terán os proxectos de eólica mariña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Enfermedades terminales”. José Manuel Pena

“Enfermedades terminales”. José Manuel Pena

Estos últimos días las visitas al hospital fueron frecuentes para acompañara un buen amigo que se encuentra viviendo unos difíciles momentos por sudelicado estado de salud. Esta circunstancia me abrió un poco más los ojos ala realidad del sufrimiento, el dolor, el...