O BNG reclama a Mar medidas que contrarresten o descenso de tráfico e das descargas de túnidos no porto da Pobra

28 Abril 2024

A deputada do BNG Rosana Pérez (A Pobra do Caramiñal, 1964) vén de presentar no Parlamento unha batería de iniciativas para reclamar á Consellería do Mar que tome medidas para frear a caída de tráfico e descarga de túnidos no porto da Pobra, que, segundo lembrou a deputada, foi referente durante anos, incluso a nivel europeo, neste tipo de actividade. “Á Consellería parece non preocuparlle a situación”, asegurou a portavoz de Mar do Bloque, criticando neste sentido “a falta de atención e investimento por parte de Portos de Galiza para corrixir as eivas evidentes que existen na actualidade nas instalacións e que están afectando o desenvolvemento da actividade portuaria, facéndoas menos atractivas, sobre todo no que ten que ver cos túnidos”, sinalou, reclamando ao Goberno galego “efectúe cantas actuacións de mellora, mantemento e limpeza precisen as instalacións para frear as condicións de deterioro nas que se están a desenvolver na actualidade as actividades portuarias”.

Nunha proposición non de lei rexistrada para ser debatida no Pleno do Parlamento, Rosana Pérez pide ademais ao Executivo que contacte coas empresas consignatarias que operan no porto da Pobra do Caramiñal para estudar as consecuencias que xa está a ter a redución da descarga de túnidos e as posibles alternativas á mesma, atraendo novas mercadorías.

As empresas consignatarias -subliñou Pérez Fernández na súa iniciativa- “son conscientes do risco que corre a súa viabilidade diante das persistentes cifras de descargas á baixa, tal e como se constata nos informes de Portos de Galiza”. No 2016, lembrou, descargábanse no porto 120.000 toneladas de túnidos, cifra que descendeu até as 56.813 no 2022, último ano do que Portos ten publicados datos, e que se situou xa por debaixo das 28.600 T no 2023.

Un “descenso alarmante”, salientou a deputada nacionalista, “que preocupa ás empresas consignatarias máis tamén aos arredor de cen estibadores que desempeñan o seu traballo dun xeito estábel  no porto da Pobra e outros sectores directa ou indirectamente relacionados coa actividade”.

Rosana Pérez lembrou que “na pasada lexislatura o BNG xa levou ao Parlamento a preocupación que existe na Pobra ante a situación que atravesa o seu porto”, unha situación que segundo dixo “xa recoñecida pola Consellería do Mar que, porén, non concretou as accións a emprender de cara ao futuro”. 

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...