No Son o alumnado de Tahume acondiciona as zonas verdes das casas da cultura de Xuño e de colexios de Carballosa e Xuño

08 Abril 2024

As alumnas e alumnos da novena edición do Obradoiro de Emprego Tahume, impulsado polos Concellos de Porto do Son e Ribeira para favorecer a empregabilidade das persoas da comarca, traballou os días pasados no acondicionamento das zonas verdes e de lecer das casas da cultura de Xuño e San Pedro de Muro, do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Xuño e de EEI de Carballosa.

Os traballos foron desenvolvidos polo alumnado das dúas especialidades da actual edición (a novena) de Tahume: por unha banda Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e pola outra Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

Este programa está dirixido a mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas e abordar de xeito efectivo as necesidades de emprego dos ditos municipios do Barbanza.

A maiores do devandito, os días pasados tamén levaron a cabo a limpeza e acondicionamento do parque periurbano de San Roque, en Ribeira, e máis dos accesos á praia de Ornanda, en Portosín.

O alumnado da novena edición de Tahume (20 persoas demandantes de emprego, 10 por cada un dos concellos organizadores) conta coa axuda dun director de obradoiro, dous mestres para ambas especialidades e un titor.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.