Muros disporá de axudas para a rehabilitación de vivendas do casco histórico

19 Abril 2024

O Concello de Muros publicará nas próximas datas unha liña de axudas do Goberno central para a rehabilitación de vivendas no casco histórico da vila. A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, realizou hoxe unha visita institucional ao Concello de Muros na que tivo ocasión de repasar xunto coa alcaldesa, María Lago, e o grupo de goberno as características desta convocatoria, entre outros temas.

Neste caso, trátase dunha conocatoria de axudas para vivendas, non para establecementos comerciais ou de hostalería, e o concello avisará da publicación das bases nos próximos días.

“Quero agradecer a visita e a cordialidade da subdelegada do Goberno, xa que a colaboración entre administracións é fundamental para mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas”, afirmou María Lago.

María Rivas asinou no Libro de Honra do Concello de Muros e visitou xunto ao grupo de goberno o casco histórico.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.