Luns con sol e baixa das temperaturas máximas

14 Abril 2024

Seguimos baixo a influencia anticiclónica pero con ventos de compoñente norte que afastarán as masas de aire cálido da semana anterior.

Deste xeito agardamos néboas en comarcas do interior que se irán disipando deixando ceos moi abertos canto máis o sur de Galicia e polo tato na comarca e as rias baixas. As temperaturas sufrirán un moderado descenso. con máximas de 24 graos na comarca. Os ventos soprarán do nordés moderados, con intervalos fortes nas Rías Baixas.

Non se preveen cambios no tempo nos próximos días e unicamente baixarán as temperaturas.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e á tarde e do nordés á noite, forza 4 a 6 á mañá e á tarde e 5 a 7 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e media vaga á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

  1. Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
  2. Praia de Balieiros directo- Corrubedo
  3. Praia da Ladeira directo- Corrubedo
  4. Praia das Furnas directo. Porto do Son
  5. Praia Aguieira directo.Porto do Son
  6. Portosín. Porto do Son
  7. Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
  8. Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
  9. Centro Náutico do Freixo
  10. Praia de Carnota

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.