Gadis activa a 12ª campaña Maio Solidario

30 Abril 2024

Gadis presentou este 30 de maio a nova campaña Maio Solidario, que se levará a cabo desde este xoves, 2 de maio, ata o próximo 1 de xuño, nos establecementos que a cadea alimentaria galega ten na xeografía galega e en Castela e León. Con esta edición, cúmprense xa 12 anos desde que a empresa lanzou esta iniciativa solidaria, que se converteu nunha das máis simbólicas do seu programa de Responsabilidade Social Corporativa. Beneficiaranse once bancos de alimentos e participarán 86 Gadis da provincia coruñesa (1 na Pobra, 1 en Boiro, 1 en Muros, 1 en Noia e 2 en Ribeira).

As persoas interesadas en colaborar poden facelo mediante a doazón de alimentos non perecedoiros nos espazos destinados a tal fin nos diferentes puntos de venda ou a través dunha doazón económica no momento de abonar a compra.

En total, son 201 Supermercados Gadis de Galicia e Castela e León os que participan nesta campaña solidaria, que ten como fío condutor o compromiso da empresa coas persoas, as familias e os colectivos en situación de vulnerabilidade.

Os destinatarios serán os bancos de alimentos da Coruña, Ferrol, Santiago (Balrial), Vigo, Lugo, Ourense, Ávila, León, Palencia, Ponferrada, Salamanca, Valladolid e Zamora.

Beneficiados: 800 asociacións e máis de 100.000 persoas

O destino final das axudas son máis de 100.000 persoas que viven en fogares en situación de vulnerabilidade. Unha vez máis, entre os alimentos máis demandados atópanse os legumes, o leite, o arroz, o aceite, as conservas ou os cereais.

Outros artigos

O Concello recoñece os logros do Natural Sport de Ribeira

O Concello de Ribeira organizou este martes 21 de maio un acto de benvida e recoñecemento ao Club Natural Sport, co obxectivo de distinguir aos seus destacados logros nos campionatos galegos de 2024. A cita tivo lugar no salón de plenos do Concello, onde estaban...

+

Outes deu acollida ao I Encontro de Zanfonas Roda e Ludra

O domingo 19 de maio celebrouse na Casa da Cultura de Outes o I Encontro de Zanfonas (Roda e Ludra). Contouse coa presenza da Asociación Cultural A Fuliada (Betanzos), a Aula de Música Tradicional do Campus de Pontevedra, a Escola de Instrumentos Populares Galegos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Toda la noche remando…”. José Castro López

“Toda la noche remando…”. José Castro López

Es difícil saber si la derrota de los partidos independentistas catalanes generó en susdirigentes, además de decepción, más frustración que reflexión, pero ese veredicto delas urnas evoca el dicho popular “toda la noche remando para morir en la orilla”.Después de...