Este mércores inaugúrase a mostra do I Concurso de Carteis Escolares Somos Boiro (e entréganse os premios do certame)

16 Abril 2024

A Casa da Cultura de Boiro vai acoller este mércores 17 de abril a inauguración da exposición do I Concurso de Carteis Escolares Somos Boiro, ademais da entrega de premios desta primeira edición do certame. A cita será ás 18.00 horas deste mércores. Intervirán José Ramón Romero, alcalde, Carmen Silva, concelleira de Ensimo, e Daniel García, presidente da patronal boirense (ABE). Trátase dun concurso impulsado pola Asociación Boirense de Empresarios, os EDLG dos centros de ensino do municipio e o Concello de Boiro para protagonizar a nova campaña de dinamización comercial da ABE.

Presentación do Concurso Somos Boiro

Outros artigos

Domingo regresa o sol e empeza a subir a temperatura

Na xornada do domingo seguiremos con aire frío en altura xerando inestabilidade atmosférica. Unha situación que favorecerá a formación de chuvascos, localmente treboentos, máis probables e frecuentes no interior e nas horas centrais do día. As temperaturas mínimas...

+

Ribeira pon en valor o traballo das mulleres no mar

O Concello de Ribeira conmemorou o Día Internacional da Muller no Sector Marítimo rendendo unha homenaxe a tres mulleres extraordinarias que dedicaron as súas vidas a unha profesión fundamental para a nosa comunidade: o marisqueo. O concelleiro de Mar, Fernando...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...