“Dúas pasteiras para unha terra obrigada aos eucaliptos”. Antón Luaces

23 Abril 2024

Triturar eucalipto á beira do río Ulla para elaborar pasta de celulosa é un remedo do que aconteceu nos anos 60 do século pasado ao bordo da ría de Pontevedra para facer pasta de papel. 

A ría pontevedresa esmoreceu para aqueles que vivían dela e a veciñanza da pasteira quedou co cheiro procedente da factorìa como quen asume que é algo contra o que, ao remate, nada tés que facer porque o da papeleira é un proxecto feito realidade que, amáis dos traballadores da propia industria, apoian as forzas vivas -primeiro con Franco e posteriormente en democracia- do país. Non hubo quen paralizara o que o franquismo puxo en  pé nas proximidades da ría e, o río Ulla leva xa á ría de Arousa o berro infindo de “Altri, non!”. 

Será distinto o resultado final de ambos os proxectos?. 

O que Altri percura na provincia de Lugo ten, directa ou indirectamente, o apoio do goberno galego, coñecedor dos plans de que o que inicialmente ía ser unha fábrica de fibras téxtiles sustentables será, finalmente, unha macrocelulosa que os propietarios -de nacionalidade lusa- non queren instalar, supostamente, en Portugal, e coido que non será porque en Galicia sexa máis doado que no país veciño prantar eucaliptos. 

Será pola contaminación, que nun lugar se asume e noutro se rexeita?.

Será, como dixo a dirixente nacionalista galega, Ana Pontòn, na sesión de investidura de Alfonso Rueda como presidente da Xunta, que poden intentar “pasar como industrialización o que non é outra cousa ca unha agresión ambiental descomunal”?.

Entre a produción de fibras tèxtiles e a de pasta de celulosa hai unha grande diferenza, co engadido de que as verteduras da macrocelulosa – esta dez veces máis grande ca Ence- irán parar dunha ou doutra maneira á ría de Arousa onde son milleiros os mariñeiros e mariscadoras que viven do mar. 

As previsións de Altri  xiran en torno a unha produción de 400.000 toneladas de celulosa soluble ao ano.

En 2022, o Parlamento de Galicia aprobou unha lei que instaba á Xunta a dar prioridade ao proceso de deseño da primeira fábrica de fibras téxtiles de España. Todo parece indicar que non vai ser Altri esa fábrjca ou que alguén modificou os obxectivos da industria a instalar en Palas de Rei. 

“Non a Altri!”, ata cando e como e con quen?. 

Outros artigos

“Derechos”. Roberto Carlos Mirás

Dentro de unos días todos los españoles tendrán la oportunidad de cambiar de Gobierno y que éste sea mucho mejor que el anterior. El Gobierno de Pedro Sánchez ha estado rodeado de múltiples investigaciones tanto a nivel personal como el de un presidente que prometió...

+

“Rairiz de Veiga” – Xosé González Martínez

O próximo día 25, despois da misa dominical, ás 11.30 horas, celebrarase na parroquia de Rairiz de Veiga, do homónimo concello ourensán da Limia, un acto promovido pola Asociación de Funcionarios-as para a Normalización Lingüística encadrado na iniciativa En galego,...

+

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.