Coroso acollerá o vindeiro 12 de abril a Festa da Xuventude de Ribeira

01 Abril 2024

Os concelleiros ribeirenses Francisco Suárez, Fernando Abraldes e Antía Alberte presentaron este luns 1 de abril, xunto a David Sampedro, a primeira Festa da Xuventude de Ribeira que se celebrará o vindeiro venres 12 de abril en Coroso.

Segundo explicou o concelleiro de Festexos, Suárez-Puerta, o evento contará coa presenza do grupo El Combo Dominicano e o DJ Tito Maverick. A cita festiva está organizada por David Sampedro, o Concello e a firma Espectáculos A Cantaruxa. Segundo afirmou o promotor da celebración David Sampedro, o evento comezará as 22:00 horas.

Pola súa banda, a concelleira de Xuventude Antía Alberte reafirmou o compromiso do seu departamento para organizar máis eventos dirixidos á mocidade, contando con artistas e grupos locais. Esta quedada festiva, dixo, “pretende ofrecer un espazo inclusivo e divertido onde os mozos e mozas poidan xuntarse e gozar da música en directo”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.