As obras de pavimentación e saneamento na rúa da Cambra, en Palmeira, rematarán a finais de maio

11 Abril 2024

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez e o concelleiro de Obras, Xabier Vidal, visitaron este xoves 11 de abril a rúa da Cambra en Palmeira, onde están levar a cabo obras para dotar ás vivendas de saneamento e pavimentación. Segundo fixeron saber, os traballos rematarán a finais do vindeiro mes.

A actuación, que conta cun orzamento de 65.201 euros, inclúe a renovación dos servizos de saneamento, pluviais e abastecemento de auga. Tamén, a mellora das condicións de accesibilidade e funcionalidade da rúa mediante a substitución do firme actual por un novo pavimento de formigón con lousas de granito.

Segundo explicou o alcalde, Luís Pérez, a veciñanza “levaba moito tempo demandando actuacións nesa rúa debido a problemas coa presión da auga”. O rexedor reafirmou asemade o compromiso do Goberno local coa mellora e renovación dos servizos básicos en tódalas parroquias. “Dende o Concello seguimos a traballar para mellorar a pavimentación e o saneamento naquelas rúas que se atopen deterioradas” explicou, engadindo que “a mellora dos servizos é fundamental para o desenvolvemento sustentábel de todo o Concello”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.