Amicos conmemora en Ribeira o Día do Autismo cunha exposición itinerante que chegará a todos os concellos do Barbanza

02 Abril 2024

Un ano máis, a asociación inclusiva da nosa comarca Amicos organizou unha xornada especial para conmemorar o Día Mundial de Concienciación do Autismo, este 2 de abril. Así, Ribeira foi o lugar escollido este martes para inaugurar a campaña impulsada pola entidade este ano, que consiste nunha exposición informativa sobre o trastorno do espectro autista, que percorrerá os distintos concellos do Barbanza durante máis dun mes. Ao acto acudiron a concelleira de Educación , Igualdade e Diversidade de Ribeira, Cruz Rivadulla, e a presidenta e vicepresidenta da entidade, Esther Vidal e Digna Iglesias respectivamente.

O evento arrincou cun pasapalabra sobre o TEA, no que tamén participaron as alumnas e alumnos do CEIP O Grupo de Ribeira e do Centro de Educación Especial de Amicos. Unha vez completado con éxito, tivo lugar a lectura do manifesto por parte dos peques con TEA do CEEPR de Oleiros.

Nel, os cativos e cativas presentáronse ante os asistentes, mostrando que “no esencial, todos e todas compartimos gustos e inquedanzas”. Nel tamén se reivindicou a importancia dunha educación máis inclusiva. Así, púxose o aceno na situación dos escolares con autismo, na necesidade de que se realicen os axustes necesarios para que o alumnado conte con apoios especializados e acaídos as súas necesidades, e que se traballe a inclusión no seo educativo para poñer freo ao acoso escolar (que afecta a un gran número de nenos e nenas con autismo, un dos colectivos máis vulnerábeis a converterse en diana).

Trala lectura realizouse a presentación da exposición, que consiste en tres monólitos con información sobre o autismo. O obxectivo é “achegar á cidadanía información sobre este trastorno para sensibilizar sobre a situación das persoas con TEA e a necesidade de contar cun entorno accesíbel”. Así, a entidade da nosa comarca súmase á campaña #AutismoCercaDeTi, impulsada por Autismo España para sensibilizar e normalizar a realidade de máis de 470.000 persoas en España.

O evento tamén contou coa asistencia de Esther Vidal, presidenta de Amicos, Digna Iglesias, vicepresidenta da mesma asociación, Pilar Sampedro, coordinadora de centros, e Nuria Fernández, coordinadora do Centro de Educación Especial. Estiveron acompañadas por Cruz Rivadulla, concelleira de Educación, Igualdade e Diversidade de Ribeira.

Con motivo deste día, a concelleira de Educación ribeirense destacou que “días como hoxe son para visibilizar porque se unha cuestión non é visíbel, non existe; porque nos convida á reflexión, aínda que temos que estar todo o ano, é moi importante un día como este para que as persoas que non coñecen o TEA porque non o teñen na súa propia familia, caian na conta de que existe e que é moi importante que as familias con persoas con autismo teñen información para saber como afrontalo”.

Neste senso tamén a presidenta da entidade, Esther Vidal, quixo destacar a importancia de “visibilizar a situación das persoas que están ao noso lado. Esta é unha forma moi bonita de que as persoas que pasen por aquí poidan achegarse ata estes paneis e coñecer un pouco máis a reaildade do autismo. Derrubar mitos e visibilizar que son moitas as persoas que se encadran dentro do
espectro autista é o mellor camiño para acadar unha sociedade na que se nos escoite a todos e todas”.

Pola súa banda, Digna Iglesias puxo o aceno en que “para Amicos é vital contar coa participación dos cativos e cativas neste tipo de accións. O coñecemento, a comprensión e o respecto cara a tódalas persoas convérteos en cidadáns sensibilizados coa realidade de todos e todas. A normalización constrúe un futuro accesíbel”.

Unha exposición itinerante

A exposición informativa sobre o autismo bota a andar na rúa de Galicia de Ribeira. Alí estará instalada do 2 ao 7 de abril. Pero percorrerá distintos puntos do Barbanza para achegarse aos veciños e veciñas de todos os puntos da comarca. Logo da estadía en Ribeira os monólitos poderán visitarse na fachada marítima de Porto do Son entre o 8 e o 10 do mesmo mes. Do 11 ao 14 será a quenda da Pobra do Caramiñal, onde os veciños poderán velos se se achegan aos xardíns municipais da Alameda.

O seguinte punto na viaxe será Boiro, en concreto a rúa peonil Doutor Santos Mieites, á altura da Panadería Susi, onde poderán ser consultados do 15 ao 21 de abril. E a semana seguinte, do 22 ao 28 de abril, será a veciñanza de Rianxo a que poida achegarse ata a praza de Padrón para coñecer máis a fondo o TEA. Noia acollerá a exposición do 28 de abril ao 6 de maio nos xardíns municipais do concello e Lousame será a última parada no itinerario, onde os monólitos estarán instalados do 6 ao 12 de maio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.