Aberto o prazo para solicitar os campamentos e campos de voluntariado deste verán 2024

18 Abril 2024

 O Diario Oficial de Galicia publicou a orde de convocatoria dos campamentos de verán deste 2024. Desde hoxe e ata o vindeiro 30 de abril, as familias poderán solicitar praza nunha das instalacións ofertadas pola Xunta de Galicia para este ano. A campaña de verán do Goberno galego contará con máis de 11.500 prazas, 300 máis que o pasado ano, batendo así con todos os récords. 

Entre as novidades desta edición destacan catro novos campamentos: en Boiro, de índole artístico; no Monte do Gozo (Santiago), que terá como temática a música; no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Becerreá; e tamén un novo campamento en Allariz, no Centro de Formación Valverde. Inclúe tamén unha convocatoria específica para persoas con discapacidade que volverá a contar con 250 prazas e que se poderá solicitar a través da páxina web de Política Social.

Con respecto aos campos de voluntariado, poderanse solicitar, desde hoxe mesmo e ata o 30 de abril en primeira convocatoria, a través da páxina web de Xuventude. Crearanse seis novos: cinco de carácter nacional: Aranga (A Coruña), Samos (Lugo), Ribadavia (Ourense), Poio (Pontevedra) e en Ponteareas (Pontevedra); e outro de carácter internacional, na Merca (Ourense). Tamén se repetirá o campo de voluntariado específico para persoas galegas no exterior no Castro de Viladonga (Castro de Rei), en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración e Patrimonio Cultura.

Cesión de instalacións xuvenís a entidades e grupos de mozos

Así mesmo, as entidades que desenvolven actividades para a xuventude e os grupos de persoas mozas non asociadas tamén poden solicitar, desde hoxe, a utilización das instalacións xuvenís das que é titular a Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado co obxecto de que poidan desenvolver programas de lecer educativo e tempo libre, sen ánimo de lucro, dentro da programación da campaña de verán 2024. As solicitudes presentaranse por sede electrónica.

Novo programa de ocio alternativo

Ademais, impulsarase un novo programa de ocio alternativo, dirixido a mozos de entre 18 e 30 anos en cinco instalacións de toda Galicia de xoves a domingo. Terá lugar nos albergues xuvenís de Allariz, Cabana de Bergantiños e A Devesa (Ribadeo), así como no complexo Cemar de Mondariz e no albergue montañas de Trevinca (A Veiga).

Esta oferta compleméntase cos minicampamentos ‘Coñece Galicia’ cuxa oferta se dará a coñecer máis adiante; e cos intercambios con outras comunidades autónomas. Neste respecto, á oferta tradicional sumaranse novos campamentos en Estremadura e en Castela a Mancha, con temática teatral e que terá lugar no albergue de San Servando, en Toledo.

Outros artigos

Xoves seguen as choivas e temperaturas baixas para a época

Non se agardan cambios significativos para o xoves, xo que continuaremos baixo unha borrasca situada no Cantábrico. Así, agárdanse ceos parcialmente cubertos con chuvascos probables en calquera punto da Comunidade. As temperaturas non experimentarán cambios...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

“A crise nos nenos” – José Manuel Pena

A parella está sen traballo e unicamente perciben pouco máis de 600 euros mensuais. Teñen dúas nenas de 4 e 6 anos. A pasada semana comeron pasta e arroz porque non dispoñían de diñeiro e a prestación non entra, no caderno do banco, ata o día dez de cada mes. Desde...